PRESENTACIÓN

Estimad@s compañeir@s e amig@s:

Os próximos días 17 e 18 de octubre,  celebraranse as  IV  Xornadas Científicas da AGEFEC (Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria), que  no seu  percorrido  por Galicia, este ano temos a honra de que se celebre na cidade de  Ourense, no incomparable marco do  “Centro cultural Marcos Valcarcel”.

Tanto o comité científico coma o organizador procuramos elaborar un programa que a vez que serva para mellorar os nosos coñecementos, aptitudes e habilidades tamén nos faga reflexionar sobre o noso futuro e novos retos profesionais.

O lema das Xornadas é  WWW.ENFERMERIAECOIDADOS@GEFEC.COMUNICANDONOS, con este lema queremos reflectir un programa baseado en tres piares:   

  • As novas  tecnoloxías, cada vez mais presentes no noso traballo.
  • A comunicación, fundamental na enfermería F.e C. 
  • Os coidados, enfocados ao gran desafío da cronicidade.

Para o desenvolvemento  destes temas contaremos ca colaboración de   profesionais expertos.

Dende os comités organizador e científico  invitamos a   toda a enfermería, así coma ao  alumnado pre grado e post grado, a participar  como asistentes, ou coma  ponentes; ofertamos un espazo para convivir, aprender e disfrutar compartindo experiencias.

Esperamos que tanto a elección da nosa  cidade (berce cultural e termal por excelencia),  a sede (no centro da cidade), como os contidos da Xornada sexan de interés para tod@s.

Agradecendo as vosas aportacións e asistencia, esperamosvos en Ourense.

Mª Dolores Sánchez González
Presidenta do Comité Organizador.