Normas para a presentación de COMUNICACIÓNS LIBRES


Recoméndase os/as autores ler atentamente a Normativa e seguir as instrucións que se detallan, antes de redactar o resumo e/ou traballo completo. Os resumo e/ou traballo completo que non cumpran os criterios requiridos non serán admitidos.



NORMAS XERAIS:

  • A data limite para presentar os resumos será o 12 de setembro de 2014.
  • A data limite para comunicar a aceptación ou rexeitamento, por parte do Comité Científico, será o 30 de setembro de 2014.
  • A data limite para remitir os traballos completos será o 8 de outubro de 2014.
    1. Poderán presentarse traballos orixinais aínda que se teñan publicado en revistas, congresos ou en outras xornadas, coa excepción daqueles que desexen optar a premio, neste caso só  se admitirán os orixinais que non se teñan publicado con anterioridade.
    2. As Comunicacións (resumo e/ou traballo completo) só poderán enviarse utilizando os FORMULARIOS incluídos na páxina web da Xornada. Unha vez enviadas, consideraranse definitivas e, polo tanto, non se permitirán modificacións a posteriori.
    3. O autor ou autora responsabilizase do contido do traballo e, polo menos,  un dos asinantes deberá estar inscrito na Xornada AGEFEC.
    4. Os traballos presentados deberán estar enmarcados dentro do contexto e papel da Enfermaría da Atención Primaria.
    5. As Comunicacións serán  avaliadas polo Comité Científico e a súa decisión, non poderá ser obxecto de apelación ou reclamación.
    6. Aínda que o autor ou autora deberá indicar si opta por Comunicación oral ou póster, AGEFEC reservase o dereito a reclasificala, en función da avaliación realizada polo Comité Científico ou por motivos organizativos. A resolución será notificada ao e-mail da persoa que remitira a Comunicación.
    7. No caso de notificación de aceptación por parte do Comité, esta non será definitiva ata que o pago da cota de inscrición sexa xustificado e que deberá terse realizado nos 10 días posteriores á mesma.
    8. Todas as Comunicacións poderán optar a Premio, si así o indica o autor ou autora no campo correspondente ao remitir o resumo da Comunicación, debendo asegurarse de que cumpre os requisitos establecidos.
    9. As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas da Xornadas. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.
    10. A presentación de calquera proposta implica a aceptación das normas establecidas polo Comité Organizador e/ou polo Comité Científico.

 

PRESENTACIÓN DE RESUMOS:

DATAS E ENVÍO

  • Deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de Comunicacións (resumos) clic aquí
  • A data límite para recepción de resumos será o 12 de setembro de 2014 as 24 horas.
  • O autor ou autora deberá indicar se opta por Comunicación ORAL ou PÓSTER.
  • A data limite para comunicar a aceptación ou rexeitamento, por parte do Comité Científico, será o 30 de setembro de 2014.


FORMATO

Os Resumos deberán respectar o seguinte formato de presentación:

  • Non poderá superar os 3.000 carácteres incluídos os espazos (excluíndo título e autores)
  • O titulo deberá ir en maiúsculas, sen abreviaturas, en negriña e como máximo ocupará dúas liñas.
  • Admítense ata un máximo de 9 autores/as, identificados/as con dous apelidos seguidos das iniciais do nome (exemplo: Pérez Martínez, J.; Fernández González, María). Mediante superíndices, indicarase a categoría profesional e lugar de traballo. A persoa que presente a Comunicación identificarase como autor/a e deberá incluír  un telefono e enderezo electrónico de contacto.
    1. Estará estruturada nos seguintes apartados:
    2. Introdución
    3. Obxectivos
    4. Método
    5. Resultados
    6. Discusión/conclusións
    7. Bibliografía (formato Vancouver).
  • De tratarse dun caso clínico:
    1. Introdución
    2. Caso clínico
    3. Discusión/conclusións
    4. Bibliografía (formato Vancouver).
  • O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con interliñado sinxelo salvo entre parágrafos.

ENVIAR RESUMO: Acceder ao sistema de presentación de Comunicacións (clic aquí)

 

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS: (Traballo completo)

DATAS E ENVÍO

  • Os traballos completos deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de comunicacións, antes do 8 de outubro de 2014.
  • Aínda que se aceptara o resumo, se o traballo completo non respeta  o regulamento de confección será rexeitado.
  • A Secretaría Técnica indicará ao autor/a, mediante e-mail, lugar, data e hora da presentación.

FORMATO COMUNICACIÓN ORAL

  • O idioma para os traballos poderá ser Galego ou Castelán e deberán remitirse en formato tipo Word ou Open-Writer.
  • Os apartados da exposición serán os mesmos que os do resumo.
  • Os traballos completos, deberán axustarse ao formato de artigo científico (máximo 4.500 palabras).
  • Ao incluír as referencias bibliográficas debe usarse o formato normalizado estilo Vancouver.
  • O sistema de apoio para a visualización das Comunicacións será o formato de Power-Point ou Open-Office.
  • A primeira diapositiva deberá incluír a imaxe das Xornadas (descargar), así como o título e autoría da Comunicación.
  • O/a autor/a deberá ter entregada a súa presentación audiovisual denantes do comezo das Xornadas.
  • O tempo máximo para defender a Comunicación será de 8 minutos e deixarase un tempo ao remate de cada quenda para posibles preguntas ou debate. AGEFEC poderá, por motivos de organización e previa comunicación aos interesados, facer cambios ou modificacións no relativo aos tempos de exposición.

 

FORMATO COMUNICACIÓN PÓSTER

  • Para a presentación de Comunicacións Póster rexerán as mesmas normas xerais que para as Comunicacións Orais.
  • O tamaño máximo será de 120 cm. de altura por 90 cm. de ancho.
  • Os apartados do Póster serán os mesmos que os do resumo.
  • A Secretaría Técnica indicará ao autor/a, mediante e-mail, lugar e hora para a súa defensa, que non será superior en tempo aos 5 minutos.
  • Os Póster deberán entregarse para a súa colocación o día 18 de outubro, entre as 8.30 e as 9 horas.
  • A retirada dos Póster, salvo causa xustificada, no poderá facerse ata que remate a Xornada.

ENVIAR TRABALLO COMPLETO: Acceder ao sistema de presentación de Comunicacións (clic aquí)


CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS:


Na primeira etapa, que será denantes da Xornada, avaliaranse os resumos presentados, sendo determinante para a admisión ou non do traballo os seguintes criterios de avaliación:

   Estrutura: Está ben estruturado seguindo as normas das Xornadas.
   Prioridade: O tema está dentro do marco da temática das Xornadas.
   Enfoque: Coherencia entre título, metodoloxía e conclusións. Boa orientación e ben dirixido cara os resultados.
   Orixinalidade e aplicabilidade: O traballo é orixinal e aporta coñecementos novos e aplicables.
   Introdución: Descríbense de xeito claro os antecedentes da temática. Razoase a intencionalidade do traballo. Explicase a aplicabilidade tanto
   hipotética como real.
   Obxectivo: Está claramente definido. Delimita e describe as condicións baixo as cales deberíase cumprir.
   Material e método: Son axeitados para acadar o obxectivo que se propón.
   Resultados e conclusións: Nivel de concordancia entre os resultados e os obxectivos. As conclusións son coherentes cos resultados.
   Bibliografía: Axustase ao recomendado na normativa xeral das Xornadas.
   Redacción: Clara e concisa.

Na segunda etapa, durante a Xornada, avaliarase a defensa oral. O Comité Científico será quen determine os traballos gañadores de premio.

PREMIOS:


COMUNICACIÓNS ORAIS

  • Un primeiro premio consistente no pago dunha inscrición ao Congreso que FAECAP organiza a nivel do Estado en Santiago de Compostela no 2015.
  • Un segundo premio consistente nunha estancia dunha noite para dúas persoas, no aloxamento de turismo rural Rectoral de Castillón, en réxime de media pensión.
  • Un terceiro premio consistente nun acceso para catro persoas, ao Circuito Termal do OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort.

COMUNICACIÓNS PÓSTER

  • Un premio consistente nunha estancia de fin de semana (2 noites, 3 días) para dúas persoas no Complexo Residencial Dr. Pérez Mateos de Alicante ou nos Robles Gerhoteles de Oviedo, en réxime de pensión completa.

ENVIAR RESUMO


FORMULARIOS
SISTEMA DE PRESENTACIÓN DE RESUMO
Cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios. Ante calquera incidencia, consulte coa Secretaría Técnica.

Título da Comunicación*

Formato de presentación* Marcar preferencia

ORAL

 

PÓSTER

 

 

Datos do autor/a responsable da Comunicación

APELIDOS*

NOME*

DNI*

CENTRO DE TRABALLO*

ENDEREZO*

CP

POBOACIÓN*

PROVINCIA*

TELÉFONO*

MÓVIL

CORREO-E*

 

COAUTORES

CENTRO

 

RESUMO*

* A Estrutura do resumo deberá levar os seguintes apartados: introdución, obxectivos, método, resultados, discusión/conclusións e bibliografía.
* De tratarse dun caso clínico: introdución, caso clínico, discusión/conclusións e a bibliografía.

 

DESEXO OPTAR A PREMIO

SI

 

NO

 

No poderán optar a Premio os membros do Comité Organizador e/o Comité Científico.
Non poderán optar a Premios os traballos que non sexan inéditos.

 

Autorizo a AGEFEC ao uso dos meus datos segundo a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), así como do "Real Decreto 994/1999".
CESIÓN DE DEREITOS: O envío dos artigos implica a cesión de todos os dereitos a AGEFEC para a súa futura difusión e publicación.
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de desenvolvemento, as persoas inscritas autorizan pasar os seus datos a un ficheiro automatizado propiedade de AGEFEC. A finalidade do mesmo é facilitar a información ou prestación do servizo solicitado e informar sobre futuros servizos que puideran ser do seu interese. Informase aos afectados do dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os datos persoais que se incluirán no ficheiro autorizado mediante petición escrita a AGEFEC.

ENVIAR COMUNICACIÓN


FORMULARIOS
SISTEMA DE PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
Cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios. Ante calquera incidencia, consulte coa Secretaría Técnica.

Título da Comunicación*

 

Datos do autor/a responsable da Comunicación

APELIDOS*

NOME*

DNI*

CENTRO DE TRABALLO*

ENDEREZO*

CP

POBOACIÓN*

PROVINCIA*

TELÉFONO*

MÓVIL

CORREO-E*

 

COAUTORES

CENTRO

 

COMUNICACIÓN

 

Subir Comunicación (traballo completo)

 

Autorizo a AGEFEC ao uso dos meus datos segundo a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), así como do "Real Decreto 994/1999".
CESIÓN DE DEREITOS: O envío dos artigos implica a cesión de todos os dereitos a AGEFEC para a súa futura difusión e publicación.
En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de desenvolvemento, as persoas inscritas autorizan pasar os seus datos a un ficheiro automatizado propiedade de AGEFEC. A finalidade do mesmo é facilitar a información ou prestación do servizo solicitado e informar sobre futuros servizos que puideran ser do seu interese. Informase aos afectados do dereito a acceder, rectificar e, no seu caso, cancelar os datos persoais que se incluirán no ficheiro autorizado mediante petición escrita a AGEFEC.